IES María Sarmiento. Viviero- Lugo

domingo, 8 de enero de 2012

IDADE MEDIA

A Idade Media é o período que vai de ................... a ...........................

A unidade do Imperio Romano rompeuse cando Teodosio dividiu o imperio entre os seus fillos Arcadio (Oriente) e Honorio (Occidente).


O Imperio de Oriente, Bizancio, non sufriu as invasións bárbaras e subsistiu ata o 1453 ó ser invadido polos turcos.
O imperio Occidental, con capital en Roma, foi invadido polos pobos xermánicos que crearon reinos independentes . Os principais reinos xermánicos foron:
- Suevos,instalados na antiga Gallaecia. Foron absorbidos polos visigodos
- Visigodos. Acabaron por dominar a península situando a súa capital en Toledo
- Francos. Dominaron a actual Francia e estenderon o seu Imperio polas actuais Bélxica, Alemaña, Suíza, norte de Italia e Países Baixos. O emperador Carlomagno nomeou funcionarios para administrar o imperio: condes (controlan un condado) e marqueses (encárganse das zonas de fronteira)


Tamén sufriu a invasión musulmán. Só o norte, Asturias, quedou á marxe do seu dominio


O FEUDALISMO DA ALTA IDADE MEDIA

Foi o sistema político, económico e social que dominou en Europa entre os séculos IX e XV.
A orixe deste sistema está no escaso poder dos reis, aínda que lle fora dado por Deus: non podían protexer a poboación, nin recadar impostos, nin manter un exército. Entón estableceron cos nobres un sistema de relacións persoais baseado na concesión de bens a cambio de certas prestacións. Viña a ser como un contrato polo que o rei lles concede beneficios (case sempre terras, feudos) para que as administre e viva delas, a cambio o beneficiado ten que lle render vasalaxe en forma de certos servizos: combater a cabalo para el, pagarlle tributos por diversos motivos, darlle consello, contribuír ao seu rescate se caer prisioneiro, dotar as súas fillas cando casen, etc. ; pero tamén adquiría dereitos: non pagar impostos, exercer xustiza, cobrar tributos e cobrar polo uso de servizos (pontes, muíños, fornos, bosques), transmitir por herdanza o seu señorío.
O contrato faise cunha cerimonia chamada investidura.
O mesmo contrato se estableceu entre os grandes señores e os campesiños: a cambio de protección convertéronse en servos, deixaron de ser homes libres


A maioría da poboación habitaba en aldeas e a economía basabase na agricultura e na gandeiría. A maioría das terras pertencían ós señores feudais, só había uns poucos homes libres que debían pagar altas rendas polo arrendamento de terras (mansos) así como o décimo da colleita á Igrexa.
A economía era de autoabastecemento polo que case non existía comercio.

A sociedade estaba dividida en estamento (grupos pechados con dereitos distintos):
- estamentos privilexiados: nobreza (condes, duques, marqueses, baróns, cabaleiros) e alto clero. Non pagan impostos, posuían terras e cobraban rendas

- estamentos non privilexiados: campesiños libres, servos, artesáns. Carecían de dereitos e traballaban para soster ós outros grupos

A CRISE DO MUNDO FEUDAL
A partir do século XII houbo unha expansión da agricultura grazas a avances técnicos (melloras dos arados de ferro e dos arreos dos animais de tiro) e á ampliación das terras de cultivo, o que favoreceu o crecemento da poboación.
Paralelamente desenvolveuse o comercio e as actividades artesanais, organizadas a través dos gremios, e con eles os mercados e feiras.
Europa comeza unha vida urbana con cidades nacidas en torno dos mercados. Nas novas cidades (burgos) os ricos comerciantes configuraron un grupo social diferenciado, a burguesía, que controlaba os postos de goberno urbano.
Politicamente os reis lograron recuperar o poder sometendo a nobreza, formando un exército profesional, creando un corpo de funcionarios e contando co apoio dos burgueses

Os séculos finais da Idade Media foron séculos de crise: fame, pestes (Peste Negra do XIV), guerras entre estados e revoltas sociais




CULTURA E ARTE MEDIEVAL
As manifestacións artísticas correspondentes a esta etapa medieval son:
-a literatura trobadoresca galego-portuguesa (xa a vimos o pasado curso) e española (que vimos en apuntamentos)
- a arte prerrománica, románica e gótica, que vemos agora un pouco.
-en Al-Andalus desenvolvese a arte islámica: mesquita de Córdoba, Alhambra de Granada





Os mosteiros, actividade


A imaxe que mellor simboliza esta etapa son os castelos, sobre eles ides facer un pequeno traballo (ir a exercicios).