IES María Sarmiento. Viviero- Lugo

miércoles, 6 de junio de 2012

FASCISMOS


http://almacendeclasicas.blogspot.com.es/2009/11/las-menades.html














Mira as principais características dos fascismos e logo intenta atribuir 6 dests frases a esas característica


"Todo no Estado, nada fora do Estado, nada contra o Estado“, Mussolini
“As minorías fan a historia do mundo, toda vez que elas encarnan, na súa minoría numérica, unha maioría de vontade e de enteireza”, Hitler
“O Duce sempre ten a razón”, slogan fascista
“Poderá haber no mundo centos de Estados modelos e, sen embargo, se o conservador da cultura, o ario, se extinguise, non podería subsistir cultura algunha dun nivel intelectual comparable”. Hiler
“Unicamente a guerra leva ó seu punto máximo de tensión todas as enerxías humanas e imprime un selo de nobreza ós pobos que posúen a valentía de enfrontarse a ela”, Mussolini
“O programa da política exterior do fascismo comprende unha sola palabra: expansionismo”. Mussolini
“O fascismo non ten estatutos nin regras” Mussolini
“A muller está subordinada ó home, centrada no papel de familia e fogar” Mussolini
"Un minuto sobre o campo de batalla é mellor que toda unha vida de paz".
"O liberalismo negaba o Estado en favor do individuo, o fascismo reafirma o Estado como a verdadeira liberdade do individuo".
"Poñeremos a radio ao servicio das nosas ideas e deste instrumento non debe saír palabra algunha que non responda aos nosos ideais"
"Quen posúe aceiro, posúe pan!"



Indica como chegaron Hitler e Mussolini ó pòder (Mussolini, Hitler)



Engade as imaxes que consideres axeitadas


lunes, 23 de abril de 2012

Crónicas de Viveiro

domingo, 22 de abril de 2012

IMPERIO NAPOLEÓNICO




"Se tivera disposto de tempo, moi pronto houbera formado un so pobo , e cada un, ó viaxar por todas partes, sempre se tería encontrado na súa patria común"












Investiga sobre Napoleón Bonaparte e o seu Imperio
  1. Como se produciu o golpe de brumario
  2. As principais vitorias bélicas
  3. As grandes derrotas
  4. As tácticas da batalla de Austerlitz
  5. A batalla de Trafalgar
  6. Principais medidas para crear un Estado moderno
  7. Territorios incluídos no Imperio
  8. As causas da súa morte
Podes engadir as imaxes que consideres oportunas

Algúns enlaces. 1, 2, 3, 4, 5, 6


Lectura

lunes, 6 de febrero de 2012

REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

Constitúe un proceso de cambio constante e continuo que transforma os mecanismo de produción e, paralelamente, a estrutura social e acelera o crecemento económico.
Iniciase a finais do século XVIII enInglaterra, país que contaba cun réxime político estable (unha monarquía liberal) .
O primeiro paso foron os cambios na agricultura
  • rotación de cultivos en lugar de barbeito

  • novas ferramentas facilitaron o traballo

  • os grandes propietarios interesáronse por mellorar o rendemento das súas terras
  • as leis de cercamento (Enclosure Acts) repartiron proporcionalmente á riqueza as terras comunais. Así os máis ricos ampliaron as súas terras, mentres os pobres quedaban case sen nada e tiveron emigrar cara ás cidades

Estas melloras tiveron consecuencias, os primeiros o aumento demográfico (ver vídeo), a acumulación de capitais como fonte principal de riqueza, o desenvolvemento do comercio (regulación pola lei da oferta e a demanda, ver vídeo)




EXERCICIOS


Vexamos como se desenvolveu o proceso a partir desta páxina

domingo, 8 de enero de 2012

IDADE MEDIA

A Idade Media é o período que vai de ................... a ...........................

A unidade do Imperio Romano rompeuse cando Teodosio dividiu o imperio entre os seus fillos Arcadio (Oriente) e Honorio (Occidente).


O Imperio de Oriente, Bizancio, non sufriu as invasións bárbaras e subsistiu ata o 1453 ó ser invadido polos turcos.
O imperio Occidental, con capital en Roma, foi invadido polos pobos xermánicos que crearon reinos independentes . Os principais reinos xermánicos foron:
- Suevos,instalados na antiga Gallaecia. Foron absorbidos polos visigodos
- Visigodos. Acabaron por dominar a península situando a súa capital en Toledo
- Francos. Dominaron a actual Francia e estenderon o seu Imperio polas actuais Bélxica, Alemaña, Suíza, norte de Italia e Países Baixos. O emperador Carlomagno nomeou funcionarios para administrar o imperio: condes (controlan un condado) e marqueses (encárganse das zonas de fronteira)


Tamén sufriu a invasión musulmán. Só o norte, Asturias, quedou á marxe do seu dominio


O FEUDALISMO DA ALTA IDADE MEDIA

Foi o sistema político, económico e social que dominou en Europa entre os séculos IX e XV.
A orixe deste sistema está no escaso poder dos reis, aínda que lle fora dado por Deus: non podían protexer a poboación, nin recadar impostos, nin manter un exército. Entón estableceron cos nobres un sistema de relacións persoais baseado na concesión de bens a cambio de certas prestacións. Viña a ser como un contrato polo que o rei lles concede beneficios (case sempre terras, feudos) para que as administre e viva delas, a cambio o beneficiado ten que lle render vasalaxe en forma de certos servizos: combater a cabalo para el, pagarlle tributos por diversos motivos, darlle consello, contribuír ao seu rescate se caer prisioneiro, dotar as súas fillas cando casen, etc. ; pero tamén adquiría dereitos: non pagar impostos, exercer xustiza, cobrar tributos e cobrar polo uso de servizos (pontes, muíños, fornos, bosques), transmitir por herdanza o seu señorío.
O contrato faise cunha cerimonia chamada investidura.
O mesmo contrato se estableceu entre os grandes señores e os campesiños: a cambio de protección convertéronse en servos, deixaron de ser homes libres


A maioría da poboación habitaba en aldeas e a economía basabase na agricultura e na gandeiría. A maioría das terras pertencían ós señores feudais, só había uns poucos homes libres que debían pagar altas rendas polo arrendamento de terras (mansos) así como o décimo da colleita á Igrexa.
A economía era de autoabastecemento polo que case non existía comercio.

A sociedade estaba dividida en estamento (grupos pechados con dereitos distintos):
- estamentos privilexiados: nobreza (condes, duques, marqueses, baróns, cabaleiros) e alto clero. Non pagan impostos, posuían terras e cobraban rendas

- estamentos non privilexiados: campesiños libres, servos, artesáns. Carecían de dereitos e traballaban para soster ós outros grupos

A CRISE DO MUNDO FEUDAL
A partir do século XII houbo unha expansión da agricultura grazas a avances técnicos (melloras dos arados de ferro e dos arreos dos animais de tiro) e á ampliación das terras de cultivo, o que favoreceu o crecemento da poboación.
Paralelamente desenvolveuse o comercio e as actividades artesanais, organizadas a través dos gremios, e con eles os mercados e feiras.
Europa comeza unha vida urbana con cidades nacidas en torno dos mercados. Nas novas cidades (burgos) os ricos comerciantes configuraron un grupo social diferenciado, a burguesía, que controlaba os postos de goberno urbano.
Politicamente os reis lograron recuperar o poder sometendo a nobreza, formando un exército profesional, creando un corpo de funcionarios e contando co apoio dos burgueses

Os séculos finais da Idade Media foron séculos de crise: fame, pestes (Peste Negra do XIV), guerras entre estados e revoltas sociais




CULTURA E ARTE MEDIEVAL
As manifestacións artísticas correspondentes a esta etapa medieval son:
-a literatura trobadoresca galego-portuguesa (xa a vimos o pasado curso) e española (que vimos en apuntamentos)
- a arte prerrománica, románica e gótica, que vemos agora un pouco.
-en Al-Andalus desenvolvese a arte islámica: mesquita de Córdoba, Alhambra de Granada





Os mosteiros, actividade


A imaxe que mellor simboliza esta etapa son os castelos, sobre eles ides facer un pequeno traballo (ir a exercicios).