IES María Sarmiento. Viviero- Lugo

martes, 20 de septiembre de 2011

Primeiras civilizacións

Cara ao cuarto milenio a.C., no Oriente Próximo e ó longo dos grandes ríos xurdiron as primeiras grandes civilizacións, en Mesopotamia (entre o Tigris e o Eufrates) e Exipto (á carón do Nilo).



O aproveitamento do desbordamento dos ríos que fertilizaba as terras tivo importantes consecuencias:
  • creceron os recursos da agricultura
  • os excedentes destináronse á venda (comercio)
  • a poboación aumentou
  • apareceron os especialistas (cerámica, orfebrería) ou o que é o mesmo, a división do traballo
  • crearonse organizacións políticas máis complexas (un poder institucionalizado encabezado por un rei-sacerdote, unha administración, un exército)
  • a sociedade xerarquizouse incluindo escravos
  • establecéronse relixións politeístas
  • inventouse a escritura para rexistrar os intercambios ou dictar leis
  • comezaron as grandes construcións e obras públicas, os estudos de astronomía e matemática
Co paso do tempo o que foran aldeas neolíticas pasaron a ser cidades e tempo despois emprenderon a súa expansión para crear imperios (subsituíndose uns a outros).
MESOPOTAMIA



A máis antiga civilización é a dos sumerios que crearon as primeiras cidades-estado como Ur, Uruk, Lagash,.. Eles foron os pais da escritura cuneiforme (cada símbolo equivalía a una sílaba, xa tiña valor fonético).
No III milenio serían ocupadas por Sargón, rei de Akkad, que configurou o primeiro grande imperio da zona: o imperio acadio. Máis tarde sucederíanse outros dominio imperiais: o de Babilonia con Hamurabi; o dos asirios e o dos persas que se expandiron ata o Indo.





¿Que nos queda destes pobos? Imos velo a través dun arquivo, pero centrándonos nestas mostras:
  • Os cigurats
  • As representacións escultóricas de Gudea
  • O código de Hamurabi (ler)
  • Os relevos asirios




EXIPTO
O control do desbordamento anual do Nilo por medio de diques e canles permitiu almacenar e distribuír as augas para fertilizar os terreos e así aumentar a superficie cultivable gañada ao deserto.
Hoxe non se producen as enchentes pola construción de presas, particularmente da presa de Assuán.

- ¿Cando e como se producían as enchentes?
-Investiga que eran os nilómetros
- ¿Onde nace o Nilo e cal é a súa lonxitude?
- Investiga sobre a presa de Assuán: localización, data de construcción, consecuencias para os sitios arqueolóxicos. Localizaa nun mapa (google earth ou google maps) así como o conxunto de Abu Simbel
-Mira as imaxes que seguen sobre o traballo agrícola e explica as actividades que realizan. Nunha delas precisas empregar a palabra chaduf, ¿cal é?











Nas beiras do río, tamén principal vía de comunicación, xurdiron grandes cidades como Menfis ou Tebas, as primeiras capitais do Exipto faraónico.
O faraón Narmer unificou o Alto e o Baixo Exipto e corouse cos atributos dos dous reinos (imaxe da dereita). Iniciouse así unha serie de dinastías que ocuparon o trono durante máis de 2500 anos, divididos cronoloxicamente en Imperio: Antigo -2686-2160 a.C.-, Medio - 2050-1650 a.C.-, Novo -1550-1069-.

O faraón era o rei, tiña poder absoluto, simbolizaba a unidade do país, era o dono de todas as terras, dirixía o comercio exterior, ostentaba a xefatura suprema do exército e era considerado un deus. Ademáis da dobre coroa levaba outros símbolos de poder: os dous cetros (autoridade), a cobra (a deusa patrona do Baixo Exipto), a barba postiza (Osiris, a eternidade).
A sociedade estaba dividida en grupos pechados segundo ves no esquema da dereita. A maioría da poboación constituíana os campesiños, libres en teoría pero atados á terra da que non eran propietarios, ademais tiñan a obriga de entregar parte da colleita e traballar gratuitamente cando fora preciso nas obras públicas (pirámides, templos).
A relixión incluía moitos deuses, algúns locais e outros venerados en todo Exipto. O máis popular e venerado era Ra, identificado co disco solar, a que se uniu Amón dando lugar a Amón-Ra (o sol dador de vida).
O culto desenvolvíase en grandiosos templos onde habitaban os deuses atendidos polos sacerdotes, eles eran os que lles rendían culto e facían as ofrendas.

A arte imos vela través dos arquivos, centrándonos en:
  • os templos e as tumbas
  • a escultura monumental
  • a pintura das tumbas